lunes, 26 de septiembre de 2022

O NOSO VERÁN

Seguimos compartindo actividades feitas nos primeiros días de clase. Cada un de nós tivo que recordar tres momentos importantes do verán. A nosa cámara axudounos a inmortalizar eses momentos. 




Este recurso foi compartido por @teacher_xolain e viunos como anel ao dedo. 

Unha vez que rematamos de debuxar eses momentos, houbo que compartilos co resto da aula. Unha actividade estupenda que serve para a avaliación inicial da expresión oral en galego do alumnado.

Outra actividade que tamén serviu de avaliación, pero desta vez da expresión escrita, foi a actividade de creación dun mini relato co título "Un verán apaixonante". Para axudarnos coa imaxinación podíamos usar os dados creadores de historias (story cubes).




Pois a verdade é que sairon unha verdadeiras marabillas.

viernes, 23 de septiembre de 2022

PRIMEIROS DÍAS

 


Nos primeiros días de clase o traballo foi moi levián porque a todos nos custa volver a rutina. Así foi que comezamos suave. 

Unha dinámica para mellorar a cohesión de grupo ao inicio do curso sempre ven ben. Neste caso fixemos un crucigrama con pósits onde cada membro escribiu o seu nome pondo unha letra en cada papeliño. Unha vez feito isto houbo que facer que todos os nomes encaixaran. A cada estudante sobroulle unha letra. 
Aproveitamos esa letra para pensar en algo que nos identificara e que comezara con ela. Posteriormente debíamos encaixala tamén no crucigrama. O resultado pódese dicir que foi moi productivo e visual.


Ao remate da construción recibiron unha bandeirola cada un, e xuntos tiñan que descubrir a mensaxe que formaban. Custar, custou, pero o conseguiron.


(Bandeirolas da @amestracris)

Aprender a escoitarse e a pensar en grupo é moi importante.


Vémonos moi pronto!

lunes, 19 de septiembre de 2022

VOLTA AO COLE

 

Pois xa estamos de volta no cole. A pesar de que foron poucos días e moito traballo, conseguimos comezar con bo pé.

O alumnado comezou as clases con moitas ganas e con boa actitude. Atopáronse cun regaliño de inicio de curso. "Kit de supervivencia" idea compartida por @teach_and_scrap e adaptada ao meu alumnado.

 

Foi unha mañan moi divertida, chea de novas e risas. A pesar de non ter a clase adornada porque estabamos esperando que a pintasen, eles foron moi comprensivos.

Iso non impediu que recibira algún regaliño para a parede.


Agora, pouco a pouco as paredes xa teñen mensaxes creadas por eles.




A que son adorables?


O NOSO VERÁN

Seguimos compartindo actividades feitas nos primeiros días de clase. Cada un de nós tivo que recordar tres momentos importantes do verán. A ...