Pois xa estamos de volta no cole. A pesar de que foron poucos días e moito traballo, conseguimos comezar con bo pé.
O alumnado comezou as clases con moitas ganas e con boa actitude. Atopáronse cun regaliño de inicio de curso. "Kit de supervivencia" idea compartida por @teach_and_scrap e adaptada ao meu alumnado.
Foi unha mañan moi divertida, chea de novas e risas. A pesar de non ter a clase adornada porque estabamos esperando que a pintasen, eles foron moi comprensivos.
Iso non impediu que recibira algún regaliño para a parede.
Agora, pouco a pouco as paredes xa teñen mensaxes creadas por eles.
A que son adorables?